O Rio Natura Monbus gaña ante a súa afición
O Rio Natura Monbus Obradoiro suma a súa segunda vitoria (80-63), a primeira como local, fronte ao Tecnyconta Zaragoza na séptima xornada da Liga Endesa.
O equipo de Moncho Fernández firmou o seu mellor partido no que vai de tempada, aínda que ao inicio do partido os sucesivos fallos en defensa propiciaron que o conxunto de Andreu Casadevall se adiantase con 8 puntos no marcador. Nembergantes o Obradoiro reaccionou dando a volta ao encontro cun fulgurante parcial (25 -2) entre o segundo e terceiro cuarto, que achanzou moito o camiño cara a vitoria. Deividas Dulkys brillou con luz propia e acabou como máximo anotador con 21 puntos, ademais de selo xogador máis destacado con 23 puntos de valoración. Rosco Allen, Whittington, Matulionis e Whittington tamén contribuiron en facer vibralos obradoiristas no Fontes do Sar.
Tras un comezo de tempada complicado marcado polas lesións, o Rio Natura Monbus Obradoiro preparase para lograr unha nova vitoria na casa fronte ao Herbalife Gran Canaria, na octava xornada da Liga Endesa 2016/2017.
Vamos Obradoiro, #adalotodo!