O Obradoiro estrease na Liga Endesa
O Rio Natura Monbus Obradoiro pon fin ao mal inicio da tempada cunha vitoria (78-82) fronte ao ICL Manresa no partido correspondente á carta xornada da Liga Endesa tras gañar visitando o Nou Congost.
Mantivose por riba no marcador o Obradoiro durante os dous primeiros cuartos do encontro (11-16 e 32-37), mais estas lixeiras vantaxes logo foron neutralizadas polo equipo local, quen colleu vantaxe no tramo final do encontro. A igualdade mantivose ata o final, cunha canastra in extremis do base estadounidense Mickey McConnell que forzou a prórroga. Xa no tempo extra a nova fichaxe obradoirista foi de novo determinante, levando aos santiagueses a unha vitoria cun valor doble polo lastre das lesións que asolan ao equipo. Whittington e Allen secundaron con grandes actuacións a magnífica dirección do equipo do americano.
A próxima semana os de Moncho Fernández xogarán a 5ª xornada no Fontes do Sar contra o Valencia Basket Club. #adalotodo!