A rede Exprés.cat refórzase con tres novos autobuses directos na liña Igualada - Barcelona (e5)
Tal e como estaba previsto, hoxe púxose en funcionamento a segunda fase do proxecto Exprés.cat, a través da incorporación de tres autobuses adicionais que reforzarán a liña Igualada - Barcelona (e5).
O Departamento de Territorio Sostible da Generalitat de Catalunya, o concello de Igualada e Hispano Igualadina (Monbus), pretenden con esta acción conxunta satisfacer as demandas dos usuarios que frecuentan a liña e ofrecer un mellor servizo.
Grazas a esta medida, a líña exprés e5, terá agora un total de 28 expedicións sen paradas diarias de Igualada a Barcelona e 23 de Barcelona a Igualada, o que supón un incremento total de 30 expedicións directas máis ao día. As dúas cidades estarán unidas por un traxecto de tan só 50 minutos, cunha frecuencia de paso dos vehículos que oscilará entre os 15 e os 30 minutos.
Dende que se puxo en funcionamento a primeira fase do proxecto, a afluencia de viaxeiros no corredor Barcelona - Igualada viuse incrementada nun 5% en termos globais e nun 30% en horas punta. Esta tendencia á alza coincide co aumento de expedicións a primeira hora da mañá, o establecemento de novos paneis informativos en tempo real e a mellora da conexión a internet por Wi-Fi a bordo dos vehículos. A partir de agora, coa incorporación destes novos vehículos, ata 2.000 prazas adicionais estarán dispoñibles diariamente, que sumados á oferta existente dende xuño de 2013 posibilitarán a viaxe a un total de 11.000 usuarios cada día.
A rede Exprés.cat vai medrando paulatinamente coa incorporación de novas líñas e a mellora das xa existentes, que conectarán de maneira directa as principais cidades de Catalunya, ata chegar a un total de 40 cando remate todo o proceso.