MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Resumo

EMPRESA

ENVÍANOS O TEU CV : Departamento de Atención ao Cliente

Gustaríache traballar en Monbus?

A igualdade de oportunidades, a loita contra toda forma de discriminación, a prevención de riscos laborais, a conciliación da vida familiar ou a formación continuada son directrices fundamentais que forman parte da política de contratación e xestión de persoas de Monbus, ás que se han de unir aqueloutras ideadas para favorecer ás persoas con dificultades no acceso ao emprego ou orientadas a promover a diversidade lingüística e cultural, que resultan imprescindibles para contribuir á mellora da sociedade, á que servimos e da que formamos parte.

Se tes interese por impulsar estos valores e cres que o teu perfil pode encaixar na oferta, envíanos o teu CV e os teus datos de contacto e terémoste en conta nos nosos procesos de selección.

Así mesmo, informámoste que, se así o consintes, o teu CV formará parte dunha bolsa de emprego para a xestión das posibles ofertas de emprego e colaboración que puideran xerarse en futuros procesos de selección que se axusten ao teu perfil profesional e que, conforme á nosa política de igualdade de oportunidades, priorizará, a igualdade de méritos e capacidades, a contratación do xénero infrarrepresentado en función do posto ou vacante.

  • Operador/a de Call Center

    Oferta de emprego aberta

    Lugo

    Atención de chamadas telefónicas e reclamacións, información horaria e reserva de billetes.......

    Máis información