EMPRESA
ENVÍANOS O TEU CV : Departamento TIC
Gustaríache traballar en Monbus?
A igualdade de oportunidades, a loita contra toda forma de discriminación, a prevención de riscos laborais, a conciliación da vida familiar ou a formación continuada son directrices fundamentais que forman parte da política de contratación e xestión de persoas de Monbus, ás que se han de unir aqueloutras ideadas para favorecer ás persoas con dificultades no acceso ao emprego ou orientadas a promover a diversidade lingüística e cultural, que resultan imprescindibles para contribuir á mellora da sociedade, á que servimos e da que formamos parte.
Se tes interese por impulsar estos valores e cres que o teu perfil pode encaixar na oferta, envíanos o teu CV e os teus datos de contacto e terémoste en conta nos nosos procesos de selección.
Así mesmo, informámoste que, se así o consintes, o teu CV formará parte dunha bolsa de emprego para a xestión das posibles ofertas de emprego e colaboración que puideran xerarse en futuros procesos de selección que se axusten ao teu perfil profesional e que, conforme á nosa política de igualdade de oportunidades, priorizará, a igualdade de méritos e capacidades, a contratación do xénero infrarrepresentado en función do posto ou vacante.
-
Especialista Técnica/o en Redes e Sistemas
Oferta de emprego aberta
Lugo
Persoal para posto técnico especialista en redes e sistemas en base Lugo...
-
Técnica/o de Sistemas e Soporte.
Oferta de emprego aberta
Lugo
Soporte software a usuarios, tarefas de administración de sistemas informáticos en ámbitos......
-
Enxeñeira/o en Informática ou en Telecomunicacións
Oferta de emprego aberta
Lugo
Incorporación a importante proxecto empresarial estable en continua expansión a nivel nacional......