Enxeñeira/o en Informática ou en Telecomunicacións
Situación:
Lugo
Xornada laboral:
A tempo completo
Tipo de contrato:
Eventual, 6 meses (Posible conversión a indefinido)
Salario:
A convir
Funcións:
Incorporación a importante proxecto empresarial estable en continua expansión a nivel nacional e internacional no que se levarán a cabo a posta en funcionamento de diferentes aplicacións corporativas, así como o mantemento das existentes, utilizando as últimas tecnoloxías dispoñibles para promover a innovación e aumentar o coñecemento.
Supervisión e control de calidade do traballo de outros “desarrolladores” para preservar a integridade código.
Dirección da arquitectura do sistema.
Requisitos mínimos:
En posesión dalgunha titulación técnica media ou superior vinculada ao sector TiC (Diploma, Enxeñería Técnica, Licenciatura, Enxeñería Superior, Grao e/ou Máster de Física, Matemáticas, Telecomunicacións, Informática, Industriais). No seu defecto, estudos non rematados ou en curso para as ramas anteriormente comentadas cunha alta capacidade e, neste caso, acompañado de experiencia superior á esixida.
Experiencia previa en postos de similares destrezas.
PHP 5.x en paradigma completo orientado a obxectos.
Javascript/ECMAScrip 3rd Edition.
Linguaxes de marcado: HTML, XML, JSON.
Linguaxes de Estilos: CSS2/3.
Experiencia de traballo en equipo con Git.
Ámbito de desenvolvemento: Eclipse, Netbeans.
Nocións avanzadas de orientación a obxectos con aplicación en linguaxes como PHP ou outras linguaxes así como a posta en funcionamento de patróns de deseño sobre os mesmos, experiencia en MVC.
Nivel avanzado en sistemas SQL. Experiencia en motores MySQL, PostgreSQL e SQLServer.
Castelán e Inglés.
Requisitos opcionais:
Valorarase experiencia maior a tres anos en postos similares.
Experiencia en posta en marcha de proxectos de desenvolvemento en ámbiots corporativos, así como a planificación e xestión dos recursos técnicos.
Capacidade para a posta en funcionamento de algoritmos de alto rendemento en base a un problema dado. Profunda base de coñecemento na materia.
Experiencia en arquitectura de sistemas de alta dispoñibilidade e demanda de carga.
Capacidade de abstracción para a realización de diagramas adecuados de casos de uso e diagramas de fluxo eficientes.
Experiencia en sistemas NoSQL.
Implementación de solucións baseadas en sistemas GIS.
Capacidade de traballo, e de traballo en equipo.
Capacidade de implicación.
Responsabilidade fronte a cumprimento de prazos.
Valorarase experiencia no sector de transportes.
Valoraranse coñecementos de deseño en electrónica e coñecementos profundos de diferentes plataformas hardware en especial ARM y x86.
Valorarase a experiencia no desenvolvemento de aplicacións en Java y C++ en entornos de producción.
Experiencia en auditoría de seguridade de redes IP.